Mostrando entradas con la etiqueta difusión. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta difusión. Mostrar todas las entradas

miércoles, diciembre 17, 2014

E agora, aquí ou acolá?

O día 18 de decembro é o día internacional do Migrante.

A presentación do documental “Museoloxía social. Culturas en diálogo: Lugo-Arxentina” o 17 de decembro ás 18h no Museo provincial de Lugo e  súa exhibición os días 18, 19 e 20 nos museos da Rede museística supón o cume dun proxecto que comezou o 3 de febreiro e que vén a responder a unha liña da actuación constante desta Rede Museística: a responsabilidade social da institución pública.

Museoloxía social. Culturas en diálogo: Lugo - Arxentina é un proxecto de colaboración entre a Rede Museística Provincial de Lugo e as asociacións de Inmigrantes e Retornados Rioplatenses en Lugo e Tango Club Galicia, máis un equipo multidisciplinar de documentalistas, especialistas en redes sociais, investigadores, artistas, etc.. que traballan xuntos co obxectivo de investigar, documentar, conservar, reinterpretar  e difundir a cultura de Lugo e Arxentina a través do diálogo intercultural e inclusivo.

Culturas en diálogo é unha viaxe en parella. Parellas artísticas internacionais como a colaboración entre Iago Eireos (Lugo) e Julia Romano (Arxentina), á que se uniu o poeta Miguel Ángel Curiel. Parellas literarias con Claudio Rodríguez Fer e o seu retrato de Borges, máis Paco Nieto que recolle as voces do panorama cultural de todos os tempos de Lugo. Parellas teatrais con Teatro Do Miolo & Cía, que vén a falar das dificultades desa viaxe de ida e volta que é a emigración. Parellas de baile, no V Encontro TangoLíber, onde ó redor de 100 persoas chegadas de todo o mundo reúnense baixo un interese común: bailar tango durante toda a fin de semana. Parellas patrimoniais, coa convocatoria artística que pon en valor os dous patrimonios da humanidade: a muralla e o tango. Parellas didácticas, con obradoiros para todos os públicos en novas tecnoloxías, creación artística, accións radiofónicas, que reflexionan e traballan sobre estas relacións culturais e sociais. 

Parellas de aquí e dacolá. Destaca neste audiovisual a investigación sobre a Muller Emigrante en “Mulleres de Aquí e Dacolá”, onde facemos unha homenaxe a aquelas mulleres “ponte” e de ida e volta: ben sexan as que viaxaron desde a provincia de Lugo á Arxentina ou ben aquelas arxentinas que viven agora aquí. Neste apartado resumimos as 14 entrevistas a mulleres e familiares, artellando o diálogo en sete bloques que retratan a experiencia de emigrar. “Mulleres de aquí e dacolá” comeza cunha sinxela presentación onde remarcamos a importancia de dar nome ás súas protagonistas. En A muller emigrante recollemos que é o que elas percibían e como eran valoradas. De onde es? fala da supervivencia cultural noutro país a través da lingua, dos contos e da forma de relacionarse. Volver significou para moitas un momento de estrañeza e para outras un reencontro coas raíces. Remarcamos a Asociación, a colaboración entre emigrantes nun e noutro lado é esencial para a integración noutro país. En Emigrar queremos poñer en paralelo a situación da emigrante do pasado e da actualidade. Finalmente, con E agora, aquí ou acolá? dúas testemuñas poñen fin a este documental cunha reflexión sobre o feito de ir e volver.

Esta viaxe non remata aquí. Seguirá movéndose e descubrindo outras experiencias. Seguiremos investigando e poñendo en valor todas as expresións culturais que xorden desta profunda relación entre Lugo e Arxentina.

miércoles, junio 04, 2014

Museología social. Diálogo Intercultural.


Co a mirada posta en Arxentina a Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Vicepresidencia primeira, a través da súa Rede Museística, en colaboración coa Asociación Rioplatenses de Lugo e Tango Club Galicia presentan o programa Culturas en diálogo: Lugo-Arxentina baixo as liñas de Museoloxía social e do diálogo intercultural. A elección deste país ven marcada primeiro por ser  un dos principais países de acollida dos homes e mulleres emigrantes galegos. En segundo lugar, porque gardou e propiciou a cultura galega durante o exilio de intelectuais e artistas galegos como Maruja Mallo, Castelao, Luis Seoane, Lorenzo Varela, Rafael Dieste, Núñez Búa, Otero Espasandín, Laxeiro, entre outros. Foi tamén terra fértil para a creación dun tecido organizativo e creativo baseada no compromiso, a solidariedade e o valor da orixe. Produto diso son os centos de asociacións de emigrantes, así como as editoriais, xornais, revistas, programas de radio e un variado abano de iniciativas culturais que durante anos foron o garante na defensa e promoción da nosa identidade cultural galega.

Dentro deste programa, queremos coñecer o colectivo de arxentinos que viven en Lugo aos que como parte da nosa sociedade queremos dar voz para fomentar un intercambio de culturas, un diálogo sobre o que compartimos e o que descoñecemos, en definitiva, para visibilizar outras realidades que forman parte da nosa comunidade.

Meses de traballo, de investigación e documentación con iniciativas puntuais ...obradoiros, conferencias, filandóns, mateadas, exposicións , concertos... etc. ..... agora empeza o forte deste proxecto...aiquí e alá... Estade atentos.

 --------------------

Con la mirada puesta en Argentina, el Área de Cultura y Turismo de la Diputación de Lugo, Vicepresidencia primera, a través de su Red Museística, en colaboración con la Asociación Rioplatenses de Lugo y Tango Club Galicia, presentan el programa Culturas en diálogo: Lugo-Argentina bajo las líneas de Museología social y de diálogo intercultural. La elección de este país viene marcada primero por ser uno de los países de acogida de los hombres y mujeres emigrantes gallegos. En segundo lugar, porque guarda y propicia la cultura gallega durante el exilio de intelectuales y artistas gallegos como Maruja Mallo, Castelao, Luis Seoane, Lorenzo Varela, Rafael Dieste, Núñez Búa, Otero Espasandín, Laxeiro, entre otros. Fue también tierra fértil para la creación de un tejido organizativo y creativo basado en el compromiso, la solidaridad y el valor del origen. Producto de ello son los centros de asociaciones de emigrantes, así como las editoriales, periódicos, revistas, programas de radio y un variado abanico de iniciativas culturales que durante años fueron garantes de la defensa y promoción de nuestra identidad cultural gallega.

Dentro de este programa queremos conocer al colectivo de argentinos que viven en Lugo a los que como parte de nuestra sociedad queremos dar voz para fomentar un intercambio de culturas, un diálogo sobre lo que compartimos y lo que desconocemos, en definitva, para visibilizar otras realidades que forman parte de nuestra comunidad.

Tras meses de trabajo, investigación y documentación con iniciativas puntuales, como talleres, conferencias, filandones, mateadas, exposiciones, conciertos, etc ... ahora empieza lo fuerte de este proyecto de aquí y de allá. Estad atentos.