viernes, agosto 15, 2014

Cartas de chamada: unha estratexia familiar


           A emigración feminina, entre Galiza e Arxentina, vai rexistrar na década de 1870 os datos históricos máis sobresaíntes ata o momento, situación que se vai regular na década seguinte de 1880, se ben o fenómeno migratorio sempre tivo un desequilibrio a favor do sexo masculino. 

No contexto desta realidade, a muller vai xogar un papel crucial no reagrupamento familiar, o que dará lugar á organización e funcionamento das cadeas, sobre todo das denominadas cartas de chamada. Baixo este principio, a primeira xeración de emigrantes iniciaban e facilitaban a corriente migratoria, en primeiro lugar ao entorno familiar – na procura do reagrupameto familiar –e unha vez agotada esta vía, ampliaban a chamada a contextos próximos  - vecindade prinicpalmente-. Esta estratexia, supuxo que, polo xeral, persoas dunha mesma localidade ou territorios próximos se dirixiran a un mesmo  destino (país ou mesma rexión).  




Mais, no fondo da cuestión, estes factores de tipo familiar obedecían a unha circunstancia socioeconómica; procurar que outras persoas se puideran beneficiar do feito migratorio.  En ocasións, o éxodo producíase para contribuír ao sostén familiar; a filla ou a nai debían marcharse e buscar un traballo máis digno, para non perder a casa ou ben para non traballar durante 40 anos nunha fábrica inhalando o po que encartonaba os seus pulmóns.



Organizada a marcha, a emigración foi máis dura para as mulleres que para os homes. Comezando xa pola viaxe, as condicións dos barcos e as carencias na hixiene, ao que hai que sumarlle o acoso que sufrían as mulleres por parte doutros homes e persoal dos buques.
As mulleres emigrantes convertíronse así en ponte entre os dous continentes, facendo en moitas ocasións de nexo de ideas, modos de vida e recursos en ambas direccións, nunha viaxe de ida e volta.


   --------------------


La emigración femenina, entre Galicia y Argentina, va a registrar en la década de 1870 los datos históricos más sobresalientes hasta el momento, situación que se va a regular en la década siguiente de 1880, si bien el fenómeno migratorio siempre tuvo un desequilibrio a favor del sexo masculino.


En el contexto de esta realidad, la mujer va a jugar un papel crucial en el reagrupamiento familiar, el que dará lugar a la organización y funcionamiento de las cadenas, sobre todo de las denominadas cartas de llamada. Bajo este principio, la primera generación de emigrantes iniciaban y facilitaban la corriente migratoria, en primer lugar al entorno familiar - en la búsqueda del reagrupameto familiar - y una vez agotada esta vía, ampliaban la llamada a contextos próximos -vecindad principalmente-. Esta estrategia, supuso que, por lo general, personas de una misma localidad o territorios próximos se dirigieran a un mismo destino (país o misma región).



Mas, en el fondo de la cuestión, estos factores de tipo familiar obedecían a una circunstancia socioeconómica; procurar que otras personas se pudieran beneficiar del hecho migratorio. En ocasiones, el éxodo se producía para contribuir al sostenimiento familiar; la hija o la madre debían marcharse y buscar un trabajo más digno, para no perder la casa o bien para no trabajar durante 40 años en una fábrica inhalando el polvo que encartonaba sus pulmones.



Organizada la marcha, la emigración fue más dura para las mujeres que para los hombres. Comenzando ya por el viaje, las condiciones de los barcos y las carencias en la higiene, a lo que hay que sumarle el acoso que sufrían las mujeres por parte de otros hombres y personal de los buques.

 Las mujeres emigrantes se convirtieron así en puente entre los dos continentes, haciendo en muchas ocasiones de nexo de ideas, modos de vida y recursos en ambas direcciones, en un viaje de ida y vuelta.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario